Romaria de S. Bentinho de Ermelo
Romaria de S. Bentinho de Ermelo
Asociado ao Mosteiro de Ermelo, realízase a peregrinación de São Bento (ou São Bentinho: San Bieito en Galicia, con multitude de fieis tamén) que ten lugar o 11 de xullo, día da festa litúrxica de São Bento, santo de gran devoción en todo o Minho e patrón do concello de Arcos de Valdevez.
Trátase dunha tradición centenaria pola cal os peregrinos chegan ao santuario antes do amencer e, dentro da igrexa, crúzanse co sombreiro da imaxe de São Bento, policromada e dourada. Como unha das peregrinacións típicas do Alto Minho, aínda se poden ver algúns dos rituais de promesa máis antigos, como camiñar de xeonllos polo santuario, o voto de silencio ao longo de toda a peregrinación a pé ou sempre que estás a ver o santuario, entrar descalzo na igrexa… e os ex-votos, a ofrenda de doazóns en efectivo, pezas de ouro ou alimentos, etc.
A celebración ten lugar en Ermelo, pequena aldea a 20km de Arcos de Valdevez. O santo é curandeiro de “males ruíns”, sobre todo das verrugas, excrecións da carne e ata do cancro. A cambio, hai que levarlle ovos e caraveis. A promesa, sempre e cando que as mulleres lle leven caraveis vermellos e os homes, brancos. E os ovos, nunca menos de 3, de acordo ao milagre recibido. A camiñada, pola súa banda, hai que facela polos camiños. E o devoto, unha vez no templo, dá as voltas prometidas (sempre impares), reza e dispón as ofrendas. Sen esquecerse de darlle un bico no sombreiro famoso. Todo un mundo, pois, de rituais, tradicións e crenzas.
Localización
Mosteiro de Ermelo.. Ermelo, Arcos de Valdevez.
Coordenadas:
41.853631846735205, -8.289317005499722Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Os poderes curativos do santo, e tanto patrimonio inmaterial arredor da figura de Sao Bieito, aínda pervive no imaxinario popular…
Información de interese
Romaria celebrada o 11 de xullo. Acceso libre á igrexa.
Bibliografía
Brás, A.M. S., (2009) – A igreja e o Mosteiro de Ermelo – património cisterciense esquecido no tempo. Faculdade de Teologia. Braga: Universidade Católica
Dias, G. J. (1986) O Alto Minho em tempo de festas. Humanistica e Teologia. U. Do Minho.