Ruta da Coutada – Zona de Especial Protección de Aves
Ruta da Coutada – Zona de Especial Protección de Aves
Pequeno percorrido circular, accesible para persoas con mobilidade reducida e óptimo tamén para a práctica do sendeirismo ou cicloturismo. O itinerario atravesa un dos lugares de maior interese ornitolóxico da comarca. Dentro da Rede Natura 2000, esta área foi declarada Zona de Especial Protección de Aves.
O percorrido conta con sinais interpretativas e servizos complementarios como un aparcadoiro, podendo chegar en vehículo motorizado ata o punto de saída.
A ruta transcorre pola “ZEPA” da Limia (que engloba ao LIC Veiga de Ponteliñares), atravesando un tramo do río Limia e da canle principal da Lagoa de Antela. Cunha paisaxe agrícola e un relevo case practicamente chairo.
Trátase dun lugar excepcional para o visionado de aves, especialmente migratorias, rexistrando máis de duascentas especies diferentes.
Localización
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
O acceso é libre, estando toda a ruta sinalizada. O lugar é ideal para a práctica do cicloturismo e o visionado de aves.
Encontrámonos nunha zona de alto valor natural pola que débese respectar en todo momento a flora e fauna do lugar. Evitando a contaminación acústica nin deixar lixo e outros desperdicios.