Ruta da Portela
Ruta da Portela
Xinzo da Limia, como capital da comarca de A Limia, reclama dende hai tempo a posta en marcha dalgún tipo de ruta que permitira conectar os seus principais recursos e atractivos, co río Lima e o espazo da esquecida lagoa como principais referentes. Así é que o río que baña a comarca non coñece outra poboación desta importancia ata cruzar Portugal e chegar a Ponte da Barca e Ponte de Lima. Desta forma, presentábase esta ruta circular (10’5km), apta para todo tipo de sendeiristas e ciclistas. Partindo do propio pobo, a ruta continúa bordeando o río Lima ata chegar ao centro de Piñeira Seca, pasando pouco despois polo Alto do Depósito e a Torre da portela. Logo, atravesando a zona máis montañosa, chegaremos aos monumentos máis coñecidos da comarca: a Torre de Pena e o Mosteiro de Trandeiras. Tan pronto como o camiño deixa Bom Jesus das Trandeiras, emprendemos o regreso á capital da Limia. Ao tempo, esperan a recuperación doutras novas rutas: a zona de Gorgolaza e a zona de Faramontaos, seguindo sempre o río Limia.
A iniciativa busca descubrir a diversidade do patrimonio local, a paisaxe e a etnografía.
Localización
A Alameda do Toural, Xinzo de Limia, inmediata ao río, pode ser un bo sitio para iniciar o percorrido.
Coordenadas:
42.06058 -7.73079Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
O roteiro conecta os tres puntos máis místicos da contorna: o río Lima, co seu poder de perder a memoria; a Torre da Pena, coa súa importancia no dominio da chaira e a lagoa, e as guerras nas que estivo envolta; e tamén o Mosteiro de Trandeiras, coa lenda da aparición e o misterio que desvelan as súas pedras cargadas de historia.
Información de interese
Ruta recente, con sinalización en cada punto.
Bibliografía
Palomanes, P. (11-1-21, La Region) Xinzo proyecta una ruta por Trandeiras, Pena y el río Limia. Consultado online e disponible en: https://www.laregion.es/articulo/alimia/xinzo-proyecta-ruta-trandeiras-pena-rio-limia/20210110220812998131.html Rodríguez Cacheiro, J. L. (2019) Ruta peatonal Monasterio de Bon Xesús de Trandeiras- Torre de Pena y acondicionamiento del entorno (Xinzo de Limia) Traballo final de Grao en Enxeñería Civil, Universidade da Coruña. (S. f) O Concello de Xinzo saca a concurso a creación dunha ruta de sendeirismo (Diario do Limia, 18-4-2021) Consultado online e disponible en: https://www.diariodolimia.gal/articulo/xinzo/concelloxinzolicita/20210421180304001160.html