fbpx

Ruta de sendeirismo: Rebordechao-Capela de San Mamede-Pozo dos Mouros

Ruta de sendeirismo: Rebordechao-Capela de San Mamede-Pozo dos Mouros

Ruta de senderismo: Rebordechao-Capela de San Mamede-Pozo dos Mouros

Unha das rutas de montaña máis fermosas que a día de hoxe poden facerse en Galicia. Dende a base ata o cumio da serra de San Mamede, combinando as paisaxes de ribeira e prado no fondo do val, cos amplos horizontes e inigualables panorámicas do alto da montaña.

Na aldea de Rebordechao podemos observar o panel informativo con todos os datos necesarios para emprender o ascenso. Podendo optar por diferentes opcións de ruta segundo o noso tempo e estado de forma. Na opción longa chegaremos ata o alto da serra a máis de 1600 metros de altitude dende onde poderemos contemplar unha inigualable panorámica de toda a fronteira luso-galaica. Nunha panorámica total do Alto Támega, a Serra do Larouco e a propia Serra do Xurés-Gerês. Na opción curta, moito máis moderada e ideal para a práctica do sendeirismo en familia, descubriremos o misticismo agochado no Pozo dos Mouros.

Rutas aptas para calquera época do ano, dende o agromar da natureza na primavera ata o encanto da caída da folla de outono. Un punto de encontro para os amantes da aventura onde poder practicar deportes de montaña como BTT, esquí de fondo ou travesías en raquetas en época invernal.

Localización

Coordenadas:

42.17725, -7.49875 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Moitas son as alusións a mouros e mouras, como é o caso deste “Pozo dos Mouros” existente nesta ruta. Dado que a permanencia dos musulmáns en Galicia e no norte de Portugal foi máis ben escasa (varias décadas, aínda que con ben restos na toponimia e tamén nas historias e lendas), a palabra moura fálanos duns seres mitolóxicos, previos á romanización e moi vinculados ás artes curativas: as meigas, curandeiras, feiticeiras que, conectadas plenamente coa natureza, sobreviviron no imaxinario místico da rexión (sobre todo no rural) ata a actualidade. Na ruta poderás coñecer diferentes lendas asociadas a estes seres así como a orixe da propia capela ou a práctica secular do pastoreo.

Ruta de senderismo: Rebordechao-Capela de San Mamede-Pozo dos Mouros

Información de interese

A ruta foi inaugurada no ano 2020. Ambas opcións de ruta (longa e curta) arrancan dende o lugar de Rebordechao. Recoméndase atender as indicacións previstas no panel de inicio en canto a tempo de execución, dificultade, equipo necesario, etc.

O Concello de Vilar de Barrio conta con información complementaria que pode poñer ao servizo do visitante (dípticos e información dixital, track de ruta en GPS, etc.). Para solicitala pódese chamar ao teléfono 0034 988 449 001.

Bibliografía

Palomanes, P. (9-3-2021, LaRegión) Vilar de Barrio perfila un plan para dinamizar la economía. Consultado online y recuperado de: <https://www.laregion.es/articulo/a-limia/vilar-barrio-perfila-plan-dinamizar-economia/202103082329021011816.html>

Palomanes, P. (16-10-20, LaRegión) Vilar de Barrio recupera dos rutas de senderismo. Consultado online y recuperado de: <https://www.laregion.es/articulo/a-limia/vilar-barrio-recupera-rutas-senderismo/20201015233827978874.html>

Reza, J. B. (2012) Arnoia. Biografía de un río y de una ribera. Confederación hidrográfica del Miño.

Rios Ourensanos. Consultado online e recuperado de: <https://ourense-natural.es/limia.htm>

Descarga

Galería

Scroll ao inicio