Serra do Larouco
Serra do Larouco
A Serra do Larouco é unha das serras máis recoñecibles do sur de Galicia pola súa función divisoria entre os países de Portugal e España. Cunha orientación norleste-suroeste prolóngase polo norte ata as barbas da Serra de San Mamede coa que conforma un anfiteatro natural na banda máis oriental da chaira limiá.
Conformada por relevos suaves e sorprendentes formas graníticas é un sitio ideal para a práctica de deportes como BTT e incluso o parapente, sendo sede en repetidas ocasións de multitude de campionatos internacionais da disciplina.
Localización
Lendas / Historias vencelladas
¨Compartido por concellos galegos como Baltar e por concellos portugueses como Vilar de Perdizes, o monte Larouco é un territorio mítico, un lugar máxico e fisicamente especial; hoxe é un dos mellores lugares de Galicia, por exemplo, para facer parapente, debido ás especiais condicións térmicas dos vales que o rodean. Pero desde hai moito tempo sábese que era a morada dun Deus prerromano. Sábese porque tanto na banda galega como portuguesa do monte localizáronse aras romanas dedicadas a Larouco, e case sempre dándolle os máximos atributos, Máximo, equiparándoo co mesmo Xupiter romano. Fixádevos o potente que era a impronta deste deus na cultura local que o seu nome perviviu na montaña durante dous mil anos e chegounos, intacto, ata hoxe. O deus Larouco¨.
Seguir relato no Blog ¨Capítulo Cero¨ de Manuel Gago:
http://www.manuelgago.org/blog/2012/01/25/mirarlle-a-cara-a-un-antigo-deus/