fbpx

Soajo (Miradouro de Cunhas)

Soajo (Miradouro de Cunhas)

Soajo (Miradouro de Cunhas)

Inserido no Patrimonio Natural do Municipio, o Miradoiro de Cunhas domina unha espectacular curva do río Lima en forma de ferradura (coñecida como a “U” do río) gravada na paisaxe. Este miradoiro ofrece unha incrible vista sobre os meandros do Río Lima, un lugar magnífico e unha  parada obrigada na ruta Trilho do Contrabando que une Soajo con Várzea, e que era chamado así por ser o camiño habitual á hora de traer e levar bens de consumo dun e doutro lado da fronteira no seu día.

Xusto en fronte, vese a aldea de Cidadelhe e os seus hórreos. O Limia aquí discorre “pequeno” tras o seu paso polo Encoro do Lindoso, labrando o terreo e formando un sinuoso canón.

Un pouco máis adiante, continuando pola mesma estrada cara Várzea, temos un par de miradoiros que nos permiten ver Lindoso, o encoro e tamén Olelas, do lado de Entrimo. Esta zona forma parte da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX).

Localización

Cunhas, Arcos de Valdevez. Miradoiro dos Meandros do Lima.

Coordenadas:

41.86894581706673, -8.244675402265564 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Soajo (Miradouro de Cunhas)

Información de interese

Acceso libre. Pódese chegar case ata el en coche, dende a estrada municipal 530, pero haberá que camiñar uns metros para a mellor vista. Recoméndase deixar o vehículo á entrada pois o tramo final é moi estreito.

Bibliografía

Página web da Reserva da  Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

Descarga

Galería

Scroll ao inicio