fbpx

Promoción do destino Río Limia-Lima en Xantar 2022

O Destino Río Limia-Lima estivo presente no stand do INORDE e no stand do XeoDestino Terra de Celanova – Serra do Xurés, do cal forman parte algúns dos Concellos do territorio galego do proxecto Fronteira Esquecida.

Xantar é a única Feira Internacional de Turismo Gastronómico acreditada da Península Ibérica, que se celebra en Ourense. Este ano tivo lugar do 9 ao 13 de novembro.

Xantar defende a calidade da Gastronomía e o Turismo Sostible e Saúdable fusionando tradición e innovación propia dos territorios representados a través de exhibicións, catas temáticas, cociña en directo e moitas máis iniciativas que suceden durante cinco días de intensa actividade.

A 23ª edición de Xantar contou con 16.000 visitantes, 165 expositores, 8 restaurantes e máis de 120 actividades.

Scroll ao inicio