fbpx

Xornada de Peche do proxecto Fronteira Esquecida-Seminario “O rio Lima e os desafios do desenvolvimento e atração turística”

Este vindeiro 30 de novembro terá lugar a xornada de peche do proxecto Fronteira Esquecida Limia-Lima no Auditorio Municipal de Ponte da Barca, que leva por título “O rio Lima e os desafios do desenvolvimento e atração turística”.

Este evento, organizado por CIM Alto Minho, servirá para coñecer os principais resultados acadados durante o proxecto, así como para abordar, de man de diferentes expertos, a temática do desenvolvemento turístico, a importancia das redes turísticas e a cohesión territorial e a construción dun produto turístico integrado pola cunca do río Limia-Lima.

Aquí poden atopar máis información sobre o Programa e as inscricións a esta xornada.

Scroll to Top