Centro de Interpretación Fernão de Magalhães
Centro de Interpretación Fernão de Magalhães
Nado a fins do século XV na vila de Ponte da Barca, foi un dos maiores exploradores portugueses de todos os tempo. Atribúeselle ser o autor da primeira circunnavegación da historia arredor da terra, iniciada en 1519 (ao servizo do rei de España) e finalizada por Juan Sebastián Elcano despois da súa morte, no ano 1522.
Mediante un acordo asinado con Carlos V en Sevilla, teimou en alcanzar as Molucas (arquipélago de illas hoxe integradas en Indonesia), indo cara o Oeste, pola metade de mundo “de España” segundo o tratado de Tordesillas. O estreito que separa a parte sur de Arxentina e Chile chámase co seu nome. É coñecido por todos os navegantes como un dos pasos marítimos máis difíciles do mundo, xusto onde xuntan Atlántico e Pacífico Sur. Ás Molucas chegaría a súa tripulación case 100 días despois, previo paso por Guam, onde un combate acabaría coa vida do minhoto. En 1522, só 18 dos case 200 tripulantes chegarían a Sevilla de volta coa boa nova, a bordo da nave Victoria.
Para conmemorar a vida e obra do descubridor, Ponte da Barca levantou un monumento coa súa figura, e dispuxo, dentro do Centro Interpretativo, unha área específica para divulgar a Magalhães. Xunto a esta sala, que presta homenaxe á súa aventura marítima, vida, tipo de viaxe e características da circunnavegación, hai outras dúas que falan ao visitante da ocupación humana do concello e dos modos de vida de antano nesta tipoloxía de territorio.
Localización
Monumento a Fernão de Magalhães. Ponte da Barca.
Coordenadas:
41.8074455604977, -8.414852074729067Ver en Google Maps
Centro interpretativo do municipio. Espazo Magalhães (Loja de Turismo) Rua Conselheiro Peixoto, 9.
Coordenadas:
41.808438, -8.420273Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Acceso libre ao monumento. Espazo cultural ligado a horario de turismo. Recoméndase contactar previamente por teléfono: 00351 258 480 180, 00351 258 455 246 e centrointerpretativo@cmpb.pt
Bibliografía
ACTAS do VII Simpósio de História Marítima -“Fernão de Magalhães a sua Viagem no Pacífico – antecedentes e consequentes”, Lisboa, Academia de Marinha, 2002.
BAPTISTA VALENTIM, C. M. Magalhães, Fernão de. Centro Virtual Camões, bases temáticas, navegações portuguesas.
GARCIA, José Manuel, A Viagem de Fernão de Magalhães e os Portugueses, Lisboa, Editorial Presença, 2007.
LAGOA, Visconde de, Fernão de Magalhães – A sua vida e a sua viagem, Lisboa, 2 vols. 1898-1900.
MOTA, Avelino Teixeira da, A Primeira Viagem de Circum-navegação. Estudo Náutico e Geográfico, Lisboa, Comissão Cultural de Marinha, 2019.
PARRY, El Descobrimento del Mar, Barcelona, Editorial Crítica, 1989. (Le) Voyage de Magellan (1519-1522). La Relation d’Antonio Pigafetta & autres témoignages, Paris, Éditions Chandeigne, 2007, 2 Volumes.