Centro Histórico de Viana do Castelo
Centro Histórico de Viana do Castelo
O centro histórico de Viana, coas súas rúas estreitas, as súas fachadas harmoniosas e os seus paneis azulexados, representa un dos maiores conxuntos patrimoniais a nível urbano do país, e supón un reclamo para milleiros de turistas cada ano, atraídos polos seus cafés, as súas prazas e museos.
Neste sentido, destacan a Igrexa Matriz (Catedral, con elementos románicos e góticos), o antigo Pazo do Concello, ou a fonte e Casa da Misericordia. Dende a costa ata Santa Luzia, podemos trazar un itinerario que nos leva ao Forte de Santiago da Barra, á Igrexa da Agonía, ou á de São Domingos; ao Museo de Artes Decorativas (coleccións de louza portuguesa antiga, pintura, debuxo e arte decorativa dos s. XVI-XIX), ao Navio Gil Eannes ou ao Centro Cultural (realizado polo famoso arquitecto Siza Vieira): á Praza da Liberdade, ao Museo do Traxe (con traxes populares usados nos desfiles das festas populares da Agonia) ou á Praza da República (S- XVI)
Pero hai máis. Nunha cidade recoñecida pola súa participación nos descubrimentos portugueses dos séculos XV e XVI, e por ser o porto da pesca do bacallao (así o corrobora o navío Gil Eannes), a súa accesibilidade, seguridade e comodidade, sumada ao seu clima, patrimonio, oferta cultural, de ocio e deportiva, fan que as posibilidades de éxito sumen moitos enteiros. Capital do Lima, elegante, colorida, descubridora, moi renovada e chea de sorpresas agradables, así é Viana do Castelo hoxe.
Pero hay más. En una ciudad reconocida por su participación en los descubrimientos portugueses de los siglos XV y XVI, y por ser el puerto de la pesca del bacallao (así lo corrobora el navío Gil Eannes), su accesibilidad, seguridad y comodidad, sumada a su clima, patrimonio, oferta cultural, de ocio y deportiva, hacen que las posibilidades de éxito sumen muchos enteros. Capital del Limia, elegante, colorida, descubridora, muy renovada y llena de sorpresas agradables, así es Viana del Castelo hoy.
Localización
Posto de Turismo, Viana Welcome Center
Coordenadas:
41.691265368131354, -8.828483457745758.Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Lendas de Viana. Contos e tradicións. Dispoñible folleto en
http://www.cm-viana-castelo.pt/pt/lendas-de-viana-do-castelo
Información de interese
Viana é accesible a pé, o seu casco histórico é pequeno e ben se pode cubrir nunha xornada. Para horarios e visitas concertadas aos diferentes lugares de patrimonio histórico-artístico do centro, pódese consultar todo no site web oficial da Câmara: cm-viana-castelo.pt. Aí, no apartado “turista”, aparecen as seccións “roteiros temáticos”, “monumentos a visitar”, “principais pontos de interesse” ou “museus”.
Bibliografía
“Viana Monumental e Artística – Espaço Urbano e Património de Viana do Castelo”, de Francisco José Carneiro Fernandes; “Viana do Castelo” de João Vieira Caldas e Paulo Varela Gomes