fbpx

Centro Histórico Ponte de Lima

Centro Histórico Ponte de Lima

Centro Histórico Ponte da Lima

Ponte de Lima, poboación que, como Xinzo de Limia, honran o paso do seu río, ten o título da “vila portuguesa máis antiga”, outorgado pola raíña Dona Teresa en 1125. Se pasase a ser chamada “cidade”, perdería este galardón. O centro histórico de Ponte de Lima, pequeno e moi fácil de percorrer a pé, inclúe unha grande variedade de puntos de interese relacionados co patrimonio arqueolóxico e arquitectónico, símbolos da súa magnífica e dilatada historia.

Como capital  do “vinho verde”, conta cun centro de interpretación e promoción. Paso do camiño portugués do interior que une Braga con Compostela, a súa ponte medieval (monumento nacional de orixe romana e 380 metros.) é todo un símbolo na entrada ao núcleo histórico. En memoria ao paso da lexión romana que tentou cruzar o río do “esquecemento” (outro paralelismo con Xinzo), unha figura de xeneral romano chama a seus lexionarios situados na outra beira do río “Lethes”.

Moi preto, outra estatua, esta de labregos, reclama a atención. É a escultura alegórica das Feiras Novas e o Folclore. Outros monumentos son: a homenaxe á vaca das cordas, o memorial aos “heróis de ultramar” ou a estatua á antedita raíña Teresa.

Non moi lonxe, o Largo de Camões permite palpar a vida no centro, na praza co seu pelourinho onde se axustizaba aos “malfeitores”. Outro punto de obrigada parada é a Igrexa matriz (s. XV, inspirada na de S. Francisco de Oporto), coa veciña da “misericordia”, xusto en fronte, máis recente. Outros elementos a salientar son os pazos do concello, a praza da República e as torres da Cadeia Velha (hoxe oficina de turismo) e a de São Paulo, que formaban parte da muralla medieval construída por Pedro I (s. XIV), e que contaba con 10 torres e 6 portas.

Ponte de Lima, ao igual que a vila galega de Allariz, gábase de ser unha cidade “florida”, lugar de paisaxismo e exaltación da beleza dos seus xardíns. Boa mostra son os de Adelino Sampaio, os dos Terceiros, o Parque da Guía, a Avenida dos Plátanos ou o Festival de Xardíns no Parque do Arnado. Por último, o Pazo do Marquês, co seu aspecto de fortaleza, complementa unha visita imperdible á vila onde o Lima é o todo.

Localización

Ponte romana. Acceso libre. 

Coordenadas:

41.77015392775894, -8.588308617610187 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Torre da Cadeia Velha

Coordenadas:

41.767360190689516, -8.585069722703699 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Largo de Camões

Coordenadas:

41.76844314422719, -8.584024419901034 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Igrexa Matriz de Ponte de Lima

Coordenadas:

41.76772526387667, -8.58426685473265. HTML tutorial
Ver en Google Maps

Xardín Adelino Sampaio

Coordenadas:

41.76745224785948, -8.58320285754189 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Pazo do Marqués

Coordenadas:

41.766638456263074, -8.583382176148943 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

A lenda do río Lethes e o seu significado co río Lima marca a historia de Ponte de Lima, sendo unha vila con fortes vínculos galegos con Xinzo. Igualmente encóntrase irmandada coa vila ourensá de Allariz, debido ao gusto compartido polos xardíns e a recuperación do entorno do seu río.

Centro Histórico Ponte da Lima

Información de interese

Todos os recursos turísticos están moi preto uns dos outros, nunha área de apenas 2 km á redonda. Recoméndase visitar primeiro a oficina de turismo para facerse coa información necesaria e non perder ningún recuncho desta vila-monumento.

Bibliografía

Cunha Mota, Mécia; Remoaldo, Paula Cristina; Ribeiro, J. Cadima. Criatividade: a construção de novos cenários para o turismo em ponte de lima Revista Portuguesa de Estudos Regionais, núm. 29, janeiro-abril, 2012, pp. 59-70 Associação Portuguesa para o Desenvolvimento Regional Angra do Heroísmo, Portugal

Festival de Xardíns. Sitio web oficial. Dispoñible en: https://www.festivaldejardins.cm-pontedelima.pt/

Mota, Mécia, Remoaldo, Paula Cristina e Cadima Ribeiro, José (2010), “A evolução do turismo cultural e os desafios que se colocam aos pequenos núcleos urbanos: o caso de Ponte de Lima”, I Congresso Internacional de Turismo da ESG/IPCA – Produtos e Destinos Turísticos de Excelência – 1 e 2 de Outubro de 2010, Barcelos, 22 pp.

Descarga

Scroll ao inicio