fbpx

Conxunto etnográfico Couso Galán

Conxunto etnográfico Couso Galán

Couso Galán

A aldea de Couso Galán é a manifestación material dun cambio de época. Logo de ter sido abandonada polos seus moradores no ano 2000, foi restaurada na súa totalidade e reconvertida nun conxunto etnográfico ao servizo do turismo rural. Servizos de hostalaría e   restauración atenden hoxe aos centos de visitantes que cada ano achéganse ao lugar. Sendo un dos puntos preferidos na zona para celebrar grandes eventos como vodas, bautizos, etc.

Couso Galán é atravesado polo propio río Limia neste treito logo do seu nacemento no monte Talariño. Por esta ribeira discorre o Paseo dos namorados.

Toda a aldea é un exemplo de reconversión e de revitalización do medio rural. Debe o nome a seu creador, o home que deixou todo por comezar a recuperar a aldea como complexo turístico (todas as casas son alugadas para a actividade turística) Daquela, algúns dos habitantes instaláronse en aldeas próximas, outros emigraron. Cada detalle está coidado con máxima atención, a zona ao aire libre para cerimonias, o chillout cuberto, o forno tradicional, ata as papeleiras e cinceiros.

Localización

Aldea de Couso Rural (Couso Galán)

Coordenadas:

42.10605316558886, - 7.571672611021196 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Couso Galán

Información de interese

Existe servizo de cafetería e restaurante, aínda que estes acostuman abrir para fins de semana, temporada de vacacións ou eventos marcados no calendario. Recoméndase chamar previamente en caso de querer reservar. Teléfono de contacto: 0034 988 100 650.

Bibliografía

Sitio web oficial. Disponible en: https://cousorural.com/

Descarga

Galería

Scroll to Top