fbpx

Entrudo do Pai Velho

Entrudo do Pai Velho

O Entrudo do Pai Velho, na parroquia fronteiriza de Lindoso, é unha tradición única en Portugal, pero aseméllase a algúns dos entroidos veciños do lado galego. Trátase dunha antiga cerimonia que sinala o inicio do ano agrícola para as poboacións da serra, que despiden o inverno e celebran a chegada da primavera. Os festexos comezan case ao pé dos hórreos, co castelo de Lindoso en fronte, ao son de bombos, concertinas, castañolas e cantos varios. O “Enterro do Pai Velho” comeza o martes de entroido cun desfile de dous carros de bois, un cun busto de madeira (“o pai velho”, o inverno) e outro o “das Ervas” (a primavera) A comitiva de músicos e os veciños van atrás, entoando cancións populares. Entre eles, unha ducia de figuras en branco, cada unha cunha candea acesa e unha cruz por diante, con xemidos e berros: “Adeus Vello Pai – eras un bo Pai“.

Xa á noite, a figura é queimada no centro do pobo, coa lectura paralela a modo satírico de anécdotas veciñais (moi ao estilo “o testamento do burro” de Laza, en Ourense). O busto, iso si, queda gardado para a festa do ano seguinte. Este tipo de ritual de raíz medieval cúmprese en Castelo e Parada, o domingo e o martes de entroido.

Evidentemente, a festa vén aderezada de boa gastronomía da zona, co cocido, as costelas, o paio ou o salpicão, acompañados de verduras e hortalizas de primeira categoría.

Localización

Castelo de Lindoso.

Coordenadas:

41.8666684566121, -8.198733765394461 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

O Entroido é todo en si mesmo un misterio, un regalo para os sentidos que nos deixou o legado dos nosos antergos en forma de patrimonio inmaterial, transmitido de xeración en xeración dende hai séculos. Nesta zona, o Entrudo de Lindoso é un dos máis afamados e enxebres, case que permanecendo intacto moitísimo tempo. Como di o refraneiro popular:

“Lindoso terra bonita
Onde se colhe bom pão
Festejam o Carnaval
Que não acabe a tradição!
Pai Velho não Morras!”

Información de interese

Celebración o domingo e martes de entroido. Acceso libre, actividades con horario marcado.

Bibliografía

Câmara municipal de Ponte da Barca. “Pai Velho”. Dispoñible en: https://www.cmpb.pt/ver.php?cod=0D0A0A1A0E

Perdigão, T. (2011) Viagem pelos carnavais em Portugal. Textos escolhidos de cultura e arte populares. Nº2, v8, p.87-99. Instituto de Estudos de Literatura Tradicional, Universidade Nova de Lisboa.

Ponte da Barca quer elevar a Património Cultural Imaterial a tradição do Pai Velho. En “O Minho”, 16-9-2020. Dispoñible en: https://ominho.pt/ponte-da-barca-quer-elevar-a-patrimonio-cultural-imaterial-a-tradicao-do-pai-velho/

Descarga

Scroll ao inicio