Feiras Novas
Feiras Novas
Festa por excelencia de Ponte de Lima, unha das máis antigas do país (fálase que dende 1125), e con moita similitude a calquera das feiras galegas nas que hai tamén bailes, fogos artificiais, gastronomía, concertos ou procesións. Celebrada como final de verán (segundo fin de semana de setembro), unha chea de actividades irrompen na rutina dos locais e atraen visitantes de todas partes, á busca todos eles de música, alegría e convivencia. As “novidades”: xigantóns e cabezudos, concertinas, cantares populares, ou concursos de cría de galiña. A festa celébrase na honra de Nosa Señora das Dores, moi querida nas romarías (catalogadas estas como “o maior congreso ao vivo da cultura portuguesa), e o nome parece que quixo desvincularse do de “Feira Antiga”.
A idea é perpetuar a festa, transmitindo a ilusión ás novas xeracións, a memoria das tradicións e a súa vixencia no mundo actual, como mostra dun evento que une a xentes do Lima e máis aló. As Feiras Novas son un espléndido espello do pasado proxectado no presente e moi agardado por todos no futuro.
Localización
Ponte de Lima. Párking municipal.
Coordenadas:
41.77043084575296, -8.584855041297962Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Os máis de 800 anos de festa contribuíron ao seu legado, en forma de tradición de puro patrimonio tanxible e intanxible.
Información de interese
A edición de 2022, tras unha parada pola situación sanitaria, volverá celebrarse, se os condicionantes o permiten, a comezos de setembro, durante case unha semana de festas. O programa prevese que veña cargado de todo tipo de actividades musicais, socioculturais, relixiosas, etc.
Bibliografía
Feiras Novas. Sitio web oficial. Dispoñible en: https://www.feirasnovas.pt/index.php
Soares de Brito, M. S. (2014) Feiras Novas em Ponte de Lima: os limianos e a festa. Instituto Politécnico de Viana do Castelo. Disertación de Máster. Dispoñible en: http://hdl.handle.net/20.500.11960/1623.