fbpx

Miliarios da VIA NOVA: Vilariño das Poldras

Miliarios da VIA NOVA: Vilariño das Poldras

: Miliarios de la VIA NOVA: Vilariño das Poldras

Os miliarios son fitos en forma de piar ou columna que marcaban as distancias nas calzadas romanas. Neste territorio acostuman a ser de granito, con base cúbica ou cadrada, chegando a medir entre 2 e 4 metros de altura. Colocábanse na beira das calzadas para sinalizar as distancias cada “mil passus” (unha milla romana, arredor de 1480 metros).

A súa maior parte tiñan inscrito os seguintes datos: título completo do emperador en mandato que o mandaba construír; distancia ata a localidade máis importante da vía na que se encontrara (tamén podendo indicar a distancia entre dúas localidades concretas); o gobernador ou unidade militar responsable das obras da calzada e a expresión “refecit” ou “reparavit” se se trataba dunha obra de mantemento.

Os miliarios de Sandiás están dentro da VIA NOVA ou nº. XVIII do itinerario de Antonino, que cruza o concello de Sandiás polo núcleo de Vilariño das Poldras. Estamos ante o treito limiao da principal vía de comunicación da Gallaecia romana, que comunicaba a cidade portuguesa de Braga (Bracara Augusta) coa española Astorga (Asturica Augusta).

Esta calzada conta na actualidade coa maior densidade de miliarios de todo o Imperio Romano (uns 300), sendo utilizada durante séculos como a principal arteria de comunicación entre o norte de Portugal e o sur de Galicia.

Os Miliarios de Vilariño das Poldras que hoxe poden contemplarse xuntos foron localizados no ano 1995 nunha leira próxima coñecida como A Lama. Actualmente atópanse na pista que une o núcleo de Vilariño coa capital municipal. Nun grupo de tres, os máis pequenos non conservan ningún trazo de escritura, namentres o de maior tamaño está dedicado ao emperador Maximino e ao seu fillo Máximo, sinalizando a milla 67. Este último é considerado como un dos epígrafes mellor conservados de toda a VIA NOVA..

Localización

Vilariño das Poldras, 32693, Sandiás, Ourense

Coordenadas:

42.090758578673885, -7.771139502384277 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

: Miliarios de la VIA NOVA: Vilariño das Poldras

Información de interese

Bo estado de conservación. A visita é libre. Cómpre ter coidado co tráfico ao ser este un lugar de circulación de vehículos motorizados.

Bibliografía

Rodríguez Colmenero, A., Ferrer Sierra, S., Álvarez Asorey, R. D.: Miliarios e outras inscricións viarias romanas do noroeste hispánico, Consello da Cultura Galega, Lug0, 2004.

Rodríguez Colmenero, A.: Aquae Flaviae. I. Fontes Epigráficas da Gallaecia meridional interior. Cámara Municipal de Chaves. 1977

AA. La Via Nova en A Limia: sus restos, trazado, mensuración y procedimiento constructivo. Boletín Auriense, AAnexo 16. Ourense, 1992.

Revista cultural e turística do concello de Sandiás. “A Torre do Castro”, nº 3, 2009.

Descarga

Galería

Scroll ao inicio