fbpx

Parque arqueolóxico do Monte Grande

Parque arqueolóxico do Monte Grande

Parque arqueológico del Monte Grande

O coñecido como Monte Grande alberga unha elevada concentración de xacementos arqueolóxicos que poden ser visitados mediante a práctica do sendeirismo, bicicleta de montaña ou rutas a cabalo.

O percorrido comeza no alto do Outeiro do Lermes ao carón da Fonte do Foxo. A escasos dous quilómetros atoparémonos cos petróglifos do Monte Arieiro. Estes gravados localízanse na vertente sur do Monte Grande ou Arnedo, con ampla visión sobre o Río Limia. As representacións que poderemos desfrutar son coviñas na súa maior parte, pero tamén dous conxuntos de círculos concéntricos.

Seguindo o camiño, faremos unha nova parada nas mámoas de Terras Brancas. Este conxunto está formado por 3 túmulos megalíticos. Non serán as únicas que vexamos, tamén nos atoparemos coa Mámoa do Vieiro, tamén chamada da Portela do Arnedo e as do Arando. Estas últimas forman parte dunha necrópole máis extensa, coñecida tamén como de Penamá. Están distribuídas por unha meseta nos límites dos concellos de Bande, Verea e Rairiz de Veiga. As vistas do val do Limia e do lado portugués dende todas elas son magníficas.

Outros dos lugares que chamarán a nosa atención será o Foxo das Covateiras. Unha trampa para os lobos formada por catro longas paredes de pedra que converxen nun fondo pozo central. Cubría varios flancos da montaña e daba cobertura a varias aldeas.

Durante o paseo iremos contemplando a abondosa e variada flora do Monte Grande e a paisaxe das serras circundantes. O bosque alberga grande cantidade de fauna salvaxe.

Este espazo no deixa de sorprender a todo aquel que o visita e sobre todo, aos seus estudosos. En novembro de 2020 atopouse unha nova estación de arte rupestre, descoñecida ata entón, no chamado Coto da Fonte Santa, na vertente norte do Monte Grande. Son unha serie de coviñas ao pé da necrópole megalítica da Fonte da Santa. A necrópole está formada por seis túmulos funerarios de valor.

Localización

Estrada OU-301

Coordenadas:

42.01634738411383, -7.9537845173190975 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Parque arqueológico del Monte Grande

Información de interese

O acceso é libre. Recoméndase solicitar información antes de iniciar o percorrido no teléfono 0034 988 443 001.

Pode obterse máis información:

– No sitio web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl

– No sitio web das Portas do Xurés (Rede de Portas da parte galega da RBTGX): http://portasxures.es/index.php/gl/

Bibliografía

Fundación Aquae Querquennae Vía Nova. Consultado online e recuperado de: www.aquisquerquennis.es

Paneis informativos da propia ruta, Davide Pérez López. Consultado online e recuperado de: https://caminhos.gal

Panel informativo petróglifos Monte Arnedo.

Descarga

Galería

Scroll ao inicio