fbpx

Ponte Eiffel

Ponte Eiffel

Ponte Eiffel

Inaugurada o 30 de xuño de 1878 e recoñecida como patrimonio da cidade, a ponte Eiffel, con estrutura creada polo enxeñeiro Gustave Eiffel, é un notable traballo de enxeñaría e un fermoso exemplo de arquitectura de ferro do século XIX, sendo hoxe un auténtico monumento-emblema da cidade de Viana do Castelo.

A ponte metálica sobre o Lima, catalogada como patrimonio industrial portugués, no só permitiu comezar co tráfico ferroviario, senón que tamén substituíu a vella ponte de madeira que conectaba São Bento con Darque, en beiras opostas. 2 millóns de kg de ferro foron necesarios para construír os taboleiros sobre os que asentar os piares, para un total de 563 metros de lonxitude.

Hoxe, e grazas aos dous pisos, esta ponte facilita o paso de tren, vehículos, bicicletas e camiñantes (moitos deles a transitar polo camiño de Santiago portugués da costa), tras a última ampliación de comezos de século XXI. Do lado sur, a construción enlaza coa ecovía litoral norte e o cámping Rio Lima. Polo norte, facilita directamente a entrada á zona centro no peirao deportivo, ata continuar coa circunvalación á cidade, con todo o centro histórico a un lado.

Localización

Ponte Eiffel

Coordenadas:

41.69297506688514, -8.818557597735913 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

Ponte Eiffel

Información de interese

Acceso libre para vehículos e persoas. Boas vistas da cidade, o río e o mar, con Santa Luzia ao fondo. Recoméndase precaución no tránsito peonil e en bicicleta.

 

Bibliografía

António Manuel Couto – “Lendas do Vale do Lima”. Ponte de Lima: Valima – Associação de Municípios do Vale do Lima, 2002, p. 10-12

“A Obra de Eiffel em Portugal (1875-1890)”, Ano IV, nº. 14”, de Paulo Oliveira Ramos (2002)

http://www.patrimoniocultural.gov.pt/pt/patrimonio/patrimonio-imovel/pesquisa-do-patrimonio/classificado-ou-em-vias-de-classificacao/geral/view/70343

Descarga

Galería

Scroll ao inicio