fbpx

Touro de Osborne

Touro de Osborne

Toro de Osborne

Este emblema da cultura peninsular coroa o monte Morouzo, na parroquia de Zos (Trasmiras) e é un reclamo publicitario da compañía Xerez Veterano para o seu brandi. Con forma de touro de lidia e uns 14 metros de altura, colocáronse ao longo das estradas españolas nos anos 50 do pasado século XX (os primeiros comezaron a instalarse en 1958). Encargouse de tal tarefa a axencia Azor Publicidad e o deseño foi cousa de Manolo Prieto. Os primeiros eran de madeira, de 4 metros de alto, cos cornos pintados de branco e a marca “Veterano” tamén en branco. O primeiro que se colocou foi no punto quilométrico 55 da estrada que ía de Madrid a Burgos, á altura de Cabanillas de la Sierra.

Xa no 1961 comezaron a facerse de metal, máis resistentes ás inclemencias meteorolóxicas. O tamaño pasou a ser de 7 metros e ao ano seguinte xa se deseñarían de 14 metros. A mediados de 1988 a Lei Xeral de Estradas obrigou a desmontalos, pero seguíronse mantendo ata que en 1994 se publicou o Regulamento Xeral de Estradas, o cal obrigaba á súa retirada. Comunidades autónomas, municipios, asociacións e personaxes relevantes da política e cultura a nivel estatal manifestáronse a prol do seu mantemento. Finalmente declarouse “patrimonio cultural e artístico dos pobos de España” e en 1997 o Tribunal Supremo ditou sentenza a favor do seu mantemento.

Hoxe en día encóntranse declarados Ben de Interese Cultural. Conservándose un total de 91 destes touros en toda España, cinco deles podémolos ver en Galicia. En marzo do 2010, este conservado en Trasmiras foi reposto polo técnicos de Osborne despois de que fora feito anacos en xaneiro do mesmo ano polo vento.

Localización

Trasmiras, 32695.

Coordenadas:

42.05274189424735, -7.668798295259505 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

O touro pesa sobre 4000kg e está pintado con 50kg de pintura negra. A súa forma está feita con paneis rectangulares suxeitos entre si e unidos a un bastidor metálico. Sopórtase por catro torres colocadas no reverso á altura das patas.

 

Toro de Osborne

Información de interese

Bo estado de conservación. A visita exterior é libre. Cómpre ter coidado co tráfico ao ser este un lugar de circulación de vehículos motorizados.

 

Bibliografía

Osborne. Así nació la marca en 1956. Consultado online e recuperado de:
<www.osborne.es/toro-de-osborne/>

Descarga

Galería

Scroll ao inicio