Trilho dos Moínhos
Trilho dos Moínhos
O Trilho dos Moinhos da Parada é unha ruta circular de 7 km, que discorre por camiños rurais e de montaña na aldea de Parada, na parroquia de Lindoso. Esta é a parroquia máis grande do concello de Ponte da Barca e está integrada no Parque Nacional da Peneda-Gerês, en plena Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX).
Esta ruta, que comeza en Parada, vai cara a Cidadelhe ata un outeiro chamado Chão da Cabeça. O camiño continúa a través de campos e viñedos, seguindo as beiras do río Lima.
Neste punto, os visitantes chegan rapidamente a uns recunchos únicos no río, onde se poden observar algúns muíños de auga, símbolos de enxeñosa arquitectura hidráulica (e popular), agora abandonados. Continuando a ruta, os peóns son guiados cara a Poço de Gola, unha piscina natural. A presencia de animais pastando é frecuente durante o percorrido.
O camiño de volta leva polos sendeiros dos pastores, protexidos por carballos, ata chegar ao lugar onde comezou o sendeiro. Un pouco máis abaixo están os espigueiros da Eira do Tapado, belo conxunto de hórreos e sinal de identidade da comarca.
Localización
Parada de Lindoso. Inicio de ruta.
Coordenadas:
41.86363112106376, -8.215389456823711Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
7km de ruta, para un total de 4 h, con paradas. Además de esta ruta, los visitantes también pueden contemplar el Castillo de Lindoso y sus Espigueiros. Justo en el inicio del camino, podemos ver señalizado otro paseo, el Trilho do Penedo do Encanto, de unos 5km.
Bibliografía
Turismo do Porto e norte de Portugal. Sitio web oficial. Dispoñible en: http://www.portoenorte.pt/pt/
Walking portugal. Percursos pedestres em Portugal. Dispoñible en: < http://www.walkingportugal.com/
Páxina web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl