fbpx

O municipio de Ponte de Lima estrea ecovía

O municipio de Ponte de Lima finalizou as obras de mellora e acondicionamento na ecovía do río Limia que une os municipios  de Viana do Castelo, Ponte de Lima, e Arcos de Valdevez, na beira dereita do río Lima, e pola beira esquerda, une os municipios de Viana do Castelo, Ponte de Lima  y Ponte da Barca.

A execución desta actuación está enmarcada dentro do proxecto Fronteira Esquecida, que permitiu mellorar unha das infraestruturas máis importantes para a promoción do turismo de lecer e natureza asociado ao recurso do río Lima.

O impacto deste proxecto vai máis aló da perspectiva da súa localización física, fomentando unha interconexión fundamental que permite a posta en rede do conxunto de ecovías ribeiregas creadas, e da lóxica do seu deseño e promoción na medida en que se trata dunha infraestrutura turística de escala e impacto supramunicipal que tende a promover a valorización e o uso sostible dun recurso natural, do que destaca o río Lima.

Esta estratexia vese agora reforzada pola cooperación transfronteiriza inherente ao proxecto Fronteira Esquecida, tendo en cuenta o potencial interno que presenta o destino Limia-Lima para as distintas modalidades de ecoturismo, o ciclismo e o sendeirismo.

Estes son elementos de forte atracción na rexión, por iso reforzáronse conxuntos de importantes equipamentos e infraestruturas asociadas ao turismo de natureza como un importante produto turístico estratéxico en ascenso exponencial que trouxo un elevado número de turistas aos municipios.

Scroll ao inicio