fbpx
Exposición transfronteriza

Descubrindo o río Limia-Lima a través dunha exposición fotográfica transfronteiriza

Desde hoxe pódese visitar, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, a exposición “Río Limia-Lima”. Tres fotógrafos ourensáns e tres portugueses documentaron o recorrido do río dende o seu nacemento no Monte Talariño, ata a súa desembocadura en Viana do Castelo.

Esta acción está enmarcada dentro do proxecto Fronteira Esquecida, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, cuxo obxectivo principal é potenciar os recursos naturais e culturais do río Limia-Lima, e a súa contorna, e en base a iso crear e desenvolver unha estrutura de xestión e promoción conxunta que potencie o aproveitamento turístico da zona.

A exposición estará ata o 17 de maio e pódese visitar de balde.

Scroll ao inicio