fbpx

Ampla distribución da toupa de auga na bacía do río Limia

Nos últimos meses realizouse un estudo na bacía fluvial do río Limia para avaliar a presenza de toupa de auga (Galemys pyrenaicus) nos seus ríos e regatos. Gracias a dito estudo constatouse la amplaa distribución da especie por toda a rexión.

Trátase este dun pequeno mamífero de costumes semiacuáticas endémico da Península Ibérica moi sensible a calquera alteración nos cursos ou na calidade das aguas. É unha especie ameazada catalogada como vulnerable, tanto polo catálogo nacional como polo catálogo galego de especies ameazadas.

Nos traballos realizados retiráronse tamén do medio varios exemplares de visón americano (Neovison vison) e mapache (Procyon lotor), especies exóticas invasoras moi prexudiciais para a fauna acuática en xeral e para a toupa de río en particular.

Na sección de biblioteca desta web (https://fronteiraesquecida.eu/biblioteca-3/) atópase dispoñible o resumo resumen dos traballos realizados.

Scroll ao inicio