fbpx

Contrato de subministración para a posta en valor e promoción do patrimonio xeolóxico da reserva da biosfera transfronteiriza Gêres-Xurés

Preténdese con este contrato desenvolver unha serie de actuacións que relancen o espazo do Limia-Lima coma un Xeo-destino de calidade e sostible, poñendo en valor os puntos mais destacados do patrimonio xeolóxico da parte galega da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês – Xures (RBTGX) identificados no traballo do ano 2018, no marco do proxecto “GERÊS-XURÉS DINÁMICO”, cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza INTERREG V A España – Portugal (POCTEP), a Dirección Xeral de Patrimonio Natural licitou un contrato para  a realización dun inventario dos lugares xeolóxicos, xeomorfolóxicos e mineiros da parte galega da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés.

O contrato de subministración para a posta en valor e promoción do patrimonio xeolóxico da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gêres-Xurés, no marco do proxecto POCTEP Fronteira Esquecida Limia – Lima ten como obxectivo a posta en valor dos 21 puntos mais destacados do patrimonio xeolóxico da parte galega da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês – Xures. Encádrase no marco da actividade 2 “Valorización do Río Limia – Lima: Actuacións de Valorización do espazo natural e cultural do Río Limia – Lima”.

Tamén se realizarán diferentes materiais divulgativos para a promoción dos recursos e itinerarios naturais na contorna do río Limia e do conxunto da RBTGX, que se realiza no marco das tarefas previstas na Actividade 3 “Rede Turística Río Limia – Lima: Xestión conxunta e promoción de recursos e itinerarios do río Limia – Lima”.

Scroll ao inicio