fbpx

Biodiversidade na bacía do río Limia

Na sección de biblioteca (https://fronteiraesquecida.eu/biblioteca-3/) atópase dispoñible o “Estudo e propostas de mellora das poboacións autóctonas de salmónidos e ciprínidos na bacía do río Limia

Dito estudo, realizado durante o ano 2020 nos cursos de auga da bacía do río Limia, permitiu constatar a presenza da vermelliña (Achondrostoma arcasii) nalgúns dos ríos e regatos da rexión.

Este pequeno peixe ciprínido atópase protexido pola Directiva Hábitats e sospeitábase que se atopaba extinguido na bacía ao non ter sido detectado en mostraxes realizadas nos últimos anos.

Trátase polo tanto dunha gran nova para a biodiversidade da rexión e que demostra o bo estado de conservación dalgúns dos seus cursos de auga.

Scroll ao inicio