Festa da Empanada de Forquellas e da Cachena
Festa da Empanada de Forquellas e da Cachena
A denominación completa desta festa é a de “Exaltación da Empanada de Forquellas e da Carne de Cachena da Serra do Quinxo”. Esta homenaxe de exaltación gastronómica pretende poñer en valor unha raza vacúa que se encontraba en perigo de extinción: a Cachena. Unha vaca de grande rusticidade e moi adaptada ás singulares formacións graníticas da serra antedita, a case 1200 metros de altitude.
A forquella é un tipo de embutido realizado con carne de porco, allo, cebola, pemento e cabaza dentro dun intestino delgado. Un produto típico local que se mantería vivo grazas á veciñanza de Entrimo, que antes da festa o elaboraba de forma caseira en tempos de matanza.
A festa, que cambiou de maio para o primeiro fin de semana de xuño, celébrase nun ambiente lúdico sempre amenizado por música tradicional e actividades para todas as idades. En 2019 contábanse con 16 edicións, antes de que a pandemia limitase as edicións de 2020 e 2021.
O lugar da festa é o pavillón polideportivo de A Terrachá, na capitalidade do municipio de Entrimo, e con capacidade para máis de 800 persoas. O evento complétase cos produtos tradicionais e mostra de artesanía.
Localización
Pavillón polideportivo de Entrimo
Coordenadas:
41.93297658663461, -8.121346320093362Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Acceso libre á festa. Reserva previa para o xantar popular. Para máis información recoméndase o contacto por teléfono no 0034 988 434 666.
Pode obterse máis información:
– No sitio web da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX): https://www.reservabiosferageresxures.eu/gl
– No sitio web das Portas do Xurés (Rede de Portas da parte galega da RBTGX): http://portasxures.es/index.php/gl/
Bibliografía
La Voz, ourense. La empanada de forquellas y la carne de cachena, protagonistas en Entrimo (23-5-2017) Dispoñible en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/entrimo/2017/05/23/empanada-forquellas-carne-cachena-protagonistas-entrimo/