fbpx

Romaría da Saínza

Romaría da Saínza

Romería de A Saínza

Festa de Interese Turístico Galego, sinal de identidade para os limiaos. Esta romaría vense celebrando desde 1840, data na que se incorpora o Combate de mouros e cristiáns, congregando cada domingo próximo ao 24 de setembro a miles de romeiros. No campo do castelo da Saínza ten lugar o Ataque, representación da batalla entre os dous bandos representantes do ben e do mal, que finaliza coa vitoria dos cristiáns sobre os mouros e a queima do castelo rebelde.

Sería o párroco D. Manuel Alonso Dorado (1804-1875) quen se interesaría pola reconstrución da antiga igrexa e promocionaría a romaría. O templo fora levantado no 1721 por Pedro González Gándara, abade e cura de San Bartolomé de Ganade.

A incorporación do Ataque á celebración foi consecuencia dunha promesa feita por D. Manuel Alonso á Virxe da Mercé. Estando no norte de África, nunha situación de perigo, invocou o auxilio da virxe ao verse en perigo de morte.

Segundo D. Florencio Gándara, párroco e investigador da romaría, o combate ou ataque debeu comezar no ano 1840. Este é o acto primordial da celebración. Os elementos comúns na representación son os diálogos en verso e o roubo (ou o seu intento) da imaxe da Virxe por parte dos infieis. Hai procesión dende a capela mentres no campo, os mouros, armados, custodian a fortaleza onde están presos os cristiáns, en canto reclaman o diezmo das “cen doncelas”.

Antes do combate, os capitáns, subidos nas pedras chamadas por Vicente Risco “do parlamento”, desputan verbalmente. Declárase formalmente a guerra e dan paso aos xefes de cada bando animando aos seus a loitar.

Remata a representación coa vitoria dos cristiáns, honrando á Virxe e os mouros arrepentidos e convertidos. No campo da representación, acostúmase acudir en romaría e comer en familia alí ao aire libre, polo que despois da batalla, sermóns e cánticos, toca baile, brinde, foguetes e música. Así o corroboran xentes vidas dende diversos puntos de España e Portugal.

Localización

Coordenadas:

42.07007160970468, -7.827307171850712 HTML tutorial
Ver en Google Maps

Lendas / Historias vencelladas

As orixes da romaría non están de todo definidas considerando a pouca pegada musulmá en Galicia e norte de Portugal. Con todo, algúns ligan o seu inicio na propia historia da Reconquista. Especulando sobre unha eventual acción local na que os naturais da comarca loitaron e derrotaron aos musulmáns. A vitoria atribuíuselle á Virxe da Mercé.

Romería de A Saínza

Información de interese

A programación da festa e todos os actos relacionados pódense consultar na web do Concello de Rairiz de Veiga (http://www.rairizdeveiga.es/).

Bibliografía

Bande Rodríguez, Enrique: Moros y Cristianos en la Sainza (Ourense).

Caseiro Nogueiras, Delfín: A Romaría da Saínza: mouros e cristiáns. Ourense, 2003

Historias y leyendas. La romería de A Saínza en un reportaje de 1929. Alexandre de los Ríos Conde. Publicado 25/9/2016 e actualizado a 22/9/2017. Consultado online e recuperado de:

Descarga

Galería

Scroll ao inicio