Vergalleiro de Sarreaus | O Entroido
Vergalleiro de Sarreaus | O Entroido
O Vergalleiro é o grande protagonista do Entroido de Sarreaus. Vestido cunhas polainas negras, é inconfundible pola máscara feita en papel, con debuxo de touro no frontal e motivos celtas na parte posterior, ademais do debuxo dun sorriso. Como inconfundible é o tronar do corno e látego do vergallo que os acompaña e lles concede o nome.
No ano 1991 o Concello de Sarreaus tomou a iniciativa de recuperar o traxe e con este a celebración tradicional. Unha actividade festiva que ten medrado nos últimos vinte anos converténdose nun dos máis singulares de toda a provincia de Ourense.
O deseño do traxe foi un traballo artesanal que xurdiu a partir do moi pouco que se sabía do antigo. Ademais das polainas e do vergallo, componse dunha faixa vermella, pompóns negros, unha blusa branca de liño, un calzón de algodón e outro de liño, tamén brancos, e un chaleco de fieltro, negro. O vergallo, pola súa banda, é feito de graxa de boi ou de cabalo, e faise soar á hora de comezar a festa.
Famoso dende o medievo, o Entroido de Sarreaus reunía na metade do século XX a varios personaxes, como O Matalobos, O Polainas e O Peliqueiro. O Vergalleiro representa a virilidade e a fecundidade, a prosperidade en definitiva.
O domingo de Entroido é o día grande desta personaxe. O momento de vestirse é moi salientable, para despois percorrer as rúas do pobo. Ao acabar a celebración, e sen esquecernos de repoñer forzas co porco asado típico, o traxe gárdase sen pasarlle o ferro, para que que non lle queden marcas.
Localización
Sarreaus, capital do concello homónimo.
Coordenadas:
42.088127400837855, - 7.603780458732092Ver en Google Maps
Lendas / Historias vencelladas
Información de interese
Festa celebrada no Entroido dende a súa recuperación, con varios actos de venres a martes, normalmente entre febreiro e marzo de cada ano.