Os pasados días 18, 19 e 20 de xuño celebrouse, no marco das actividades do proxecto “ Fronteira Esquecida” a “ Xurés Bike Tour – Fronteira Esquecida Limia-Lima”, unha carreira de BTT transfronteiriza e con carácter competitivo que contou coa presenza de máis de 200 corredores chegados desde todas as rexións españolas e portuguesas próximas, así como de zonas como Navarra e País Vasco, atraídos polos encantos das paraxes da Serra do Xurés e os atractivos dunha zona por descubrir.
O padriño da proba Óscar Pereiro, único galego que gañou o Tour de Francia, comandou o pelotón na etapa do domingo, último dos tres días da proba. Tamén recibiu unha sentida homenaxe por parte das autoridades e a comunidade ciclista presente, por cumprirse agora 15 anos da súa vitoria na carreira máis importante do ciclismo internacional.
O prólogo disputado o venres deixou claro que o tempo ía respectar aos corredores, saíndo o sol para disputar nunhas condicións inmellorables a cronometrada que abriu a disputa, tanto a nivel individual masculino e feminino, como por parellas.
As etapas do sábado e o domingo deixaron un sabor de boca excelente entre os corredores polas paraxes por onde discorreron, e gozado de zonas portuguesas como PITÓES DÁS JÚNIAS ou TOUREM, que chamaron poderosamente a atención.
As redes sociais han xogado un papel moi importante para a promoción, difusión e posta en valor de iniciativas como esta proba, destacando a interacción xerada polas localidades portuguesas e a resposta ás diversas publicacións da mesma desde países tan afastados como Brasil, México, Uruguai ou Suíza.
O papel dinamizador e de promoción da zona por parte do evento provocou a total ocupación da oferta hostaleira da zona a ambos os dous lados da fronteira, deixando claro que estas iniciativas están chamadas a ter un futuro en zonas privilexiadas para a súa práctica como é a mesma.
Para máis información consulta a páxina de Xurés Bike Tour.