fbpx

Comeza a promoción física do Destino Río Limia-Lima coa participación nun seminario turístico (workshop) na cidade de Fundão (Castelo Branco-Portugal)

O pasado 14 de outubro de 2022, a empresa adxudicataria do servizo da Deputación de Ourense relacionado coa creación dos paquetes/produtos turísticos e a súa promoción física, InterRías, asistiu a un seminario turístico (workshop) celebrado en Fundão (Castelo Branco – Portugal).

O evento, “DitPortugal” (celebrado entre os días 14 e 16 outubro de 2022), permitiu dar a coñecer a oferta turística do destino Río Limia-Lima ás axencias de viaxes portuguesas, remarcando así o carácter transfronteirizo do proxecto e o seu territorio.

Trátase da primeira das actuacións responsabilidade da Deputación de Ourense desenvoltas no marco deste servizo de creación de paquetes/produtos turísticos e a promoción física, que se complementará proximamente coas seguintes accións orientadas á difusión e promoción do Destino Río Limia-Lima:

  • O deseño e creación de produtos turísticos transfronteirizos baseados os ámbitos do Turismo natural e cultural, Deporte-Aventura e Gastronomía,
  • A creación dunha PWA (Progressive Web App) onde comercializar estes paquetes/produtos.
  • O desenvolvemento dun Plan de Comercialización do Destino Río Limia-Lima
  • A organización de 2 viaxes de familiarización (Fam Trips) con empresas de referencia do sector turístico
  • A participación activa na feira INTUR en Valladolid no mes de novembro, así como noutro taller de traballo, a modo de redobrar os esforzos na difusión deste destino transfronteirizo.
Scroll ao inicio